terça-feira, 30 de março de 2010

CULTURA NA GALIZA


"O obxectivo deste informe é ofrecer unha panorámica sobre o impacto da crise económica no ámbito cultural. Aínda que as fontes de 2009 ás que se poden ter acceso son aínda moi limitadas, cremos que o interese que suscita a materia xustificaba un avance de resultados. Pese a todo, cómpre tomar con certa cautela as análises, dada a provisionalidade dalgunhas fontes e a ausencia de datos en operacións estatísticas habitualmente explotadas polo Observatorio da Cultura Galega cando se dispón dunha perspectiva máis ampla" (Consello da Cultura, Primeira avaliación do impacto da crise económica no ámbito cultural de Galicia). Teatro, cinema, livro, emprego e ocupação laboral, empresas culturais, comércio externo e intracomunitário e índice de prços no consumo de produtos culturais são as áreas analisadas. Das conclusões, o relatório indica: "De entrada semella que a edición e o audiovisual son as actividades económicas que máis sofre na crise. Dado o seu gran peso relativo no sector, teñen un perigoso efecto arrastre. Pola contra, observamos un repunte da creación e de outras actividades de carácter cultural, o cal podería levara a pensar que, sobre todo no tecido empresarial máis pequeno, se están atopando nichos de mercado (presumiblemente interno), seguramente tamén aproveitando a capacidade que están tendo os prezos de corrixirse á baixa".

Sem comentários: